Saltar ao contido

Lepidopus caudatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lepidopus caudatus é unha especie de peixe teleósteo da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos, e familia dos triquiúridos, que é o tipo da subfamilia dos lepidopodinos,[1] que son coñecidos vulgarmente como sabres,[2][3] ou peixes sabre.[4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita polo médico, botánico, zoólogo e explorador sueco Bengt Anders Euphrasén,[1] un dos discípulos de Linneo), baixo oi nome de Trichiurus caudatus.

Posteriormente foi incluída no xénero Lepidopus, que creara en 1863 o botánico e ictiólogo francés Antoine Goüan.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O epíteto específico, caudatus, e o nominativo singular masculino do adxectivo latino caudatis, -a -um, derivado do substantivo cauda, -ae, "cola", facendo referencia á (longa) cola deste peixe.

Nota: para a etimoloxía do nome xenérico, ver Lepidopus.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais do nome que lle impuxo Euphrasen (que é o basónimo), ao longo do tempo a especie foi coñecida polos sinónimos seguintes:[1]

  • Lepidopus argenteus Bonnaterre, 1788
  • Lepidopus gouanianus Lacepède, 1800
  • Lepidopus lex Phillipps, 1932
  • Lepidopus peronii Risso, 1810
  • Lepidopus xantusi Goode & Bean, 1896
  • Scarcina argyrea Rafinesque, 1810
  • Trichiurus caudatus Euphrasen, 1788 (basónimo)
  • Trichiurus ensiformis Vandelli, 1797
  • Trichiurus gladius Holten, 1802
  • Vandellius lusitanicus Shaw, 1803
  • Ziphotheca tetradens Montagu, 1811
  1. 1,0 1,1 1,2 Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788) no WoRMS,
  2. sabre 2 ANIMAL/ICT1 Peixe, que pertence aos xéneros Ruvettus, Trichiurus, Nesiarchus, que se caracteriza por presentar o corpo comprimido e fino. No Dicionario de galego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISB N 84-7680.504-7.
  3. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 178.
  4. Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788), en: Rodríguez Villanueva et al. (1994), pp. 224-225.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S, A. ISBN 84-282-1161-2, pp. 234-235.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-793-5, pp. 224–229.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.